A FOUCE

En xaneiro de 1926 aparece en Bos Aires o primeiro número de A Fouce, periódico que loitou pola dignificación do pobo galego. Esta publicación inaugura unha tónica de “radicalismo verbal” e xornalismo nacionalista que, aínda que con interrupcións, estará presente ata 1936. Dende a súa aparición, A Fouce defenderá unha postura arredista, servindo de voceiro non só para os galeguistas de alén mar, senón tamén para os grupos desconformes co nacionalismo en Galicia.
Os catro volumes conteñen tódolos números editados de A Fouce (anos 1926-1936); Terra, “revista de pensamento” mensual (números 1-5); Alento, Boletín de Estudios Políticos (números 1-12) e Guieiro, publicación quincenal “Portavoz de Mocedades Galeguistas” (números 1-5).

  • Obra facsímile
  • 4 volumes de 31,5 x 22,5 cm.
  • Papel volume de 200 grs.
  • Tapas duras
  • Encadernado en guaflex vermello con estampacións en ouro