|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Arquitectura
modernista, ecléctica e rexionalista
|
|
|
Antonio
Palacios Julio Galán
J. López Rego R. Ucha Piñeiro
M. Gómez Román
José Franco Montes A. López
R. Boán Leoncio Bescansa
J. de la Fuente Álvarez
A.
Cominges
Eduardo Rodríguez Pedro Mariño
D. V. Gulías Conde
Fidalgo
|
|
|
ISBN:
84-87755-95-X
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Non
é doado recoller nun mesmo estudio a variedade
de respostas artísticas dadas polos homes
que cruzaron a fronteira do século XIX ó
XX. No caso dos arquitectos galegos, atopámonos
cun grupo de profesionais formados nas escolas de
arquitectura de Madrid e Barcelona, que deberon
atravesa-la antesala da modernidade, sen poder,
en moitos casos, acceder ás correntes máis
vangardistas do momento.
Trátase de arquitectos formados no Eclecticismo
final do século XIX, que tiveron que desenvolve-lo
seu labor profesional en Galicia, desconectados
dos centros sobranceiros da producción arquitectónica.
Arquitectos periféricos e en moitos casos
illados, que souberon sen embargo coas súas
viaxes, ou mediante as subscricións a revistas,
estar o suficientemente informados e mesmo á
altura de calquera destacado arquitecto europeo.
Durante as catro primeiras décadas do século
XX, que se estudian neste volume, estes mestres
deberon elixir entre a maraña estilística
da época, adoptando o Modernismo, o segundo
Eclecticismo ou o Rexionalismo, segundo a súa
propia intuición ou os mandatos da moda.
Coincidiu ademais este período de puxanza
constructiva nas cidades galegas cun auténtico
deseño personalizado, no que cada casa ou
cada edificio responde a unha idea propia e ofrece
unha imaxe específica e diferente, lonxe
da homoxeneidade dos estilos tradicionais ou da
simplificación formal na que derivará
a posterior arquitectura racionalista.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Do
Racionalismo á Modernidade
|
|
|
Rafael
González Villar Antonio Tenreiro
y Peregrín Estellés
S. Rey Pedreira Eloy Maquieira
J. M. Banet Díaz-Varela Fco.
Castro Represas y Pedro Alonso A.
Álex Reinlein J. Caridad Mateo
Alejandro de la Sota Molezún
y Corrales X. Bar Bóo
A. Fdez. Albalat
|
|
|
ISBN:
84-96070-30-1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Atopámonos
ante un libro que estudia os pioneros da arquitectura
moderna en Galicia e que é imprescindible
para esclarece-los avatares da mesma.
Pódese interpreta-la selección de
arquitectos que constitúe o libro dentro
de tres grupos, que coinciden coas tres primeiras
xeracións de arquitectos do Movemento Moderno.
Esta coincidencia xeracional tamén sinala
certos paralelismos no desenvolvemento das traxectorias
profesionais: a formación beaux arts ou académica
recibida pola primeira xeración; a progresiva
adecuación ós tempos que a industrialización
e a modernidade marcaban; e a busca, especialmente
na terceira xeración, de particularidades
locais para compatibilizalas cos ideais da arquitectura
racionalista.
No primeiro grupo, formado por aqueles nados ó
redor das últimas dúas décadas
do século XIX, ó igual ca Mies van
der Rohe e Le Corbusier, atópanse Rafael
González Villar, Peregrín Estellés,
que aínda que naceu en Valencia desenvolveu
o seu labor profesional en Galicia, e Antonio Tenreiro.
Nun segundo grupo sitúanse aqueles nados
nas primeiras décadas do século XX:
José Mª Banet e Díaz-Varela, Santiago
Rey Pedreira, Francisco Castro Represas, Antonio
Álex Reinlein, Pedro Alonso Pérez,
nado en Madrid, Eloy Maquieira e José Caridad
Mateo. E a terceira xeración, formada por
Alejandro de la Sota, José Antonio Corrales,
nado en Madrid, e Ramón Vázquez Molezún,
Xosé Bar Bóo e Andrés Fernández-Albalat
Lois. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Da
Ilustración
ó Eclecticismo
|
|
|
D.
A. Lois Monteagudo Carlos Lemaur
J. Sánchez Bort
M. Ferro Caaveiro Melchor de
Prado Mariño Alejo Andrade
Manuel de Prado y Vallo
Faustino Dguez. Dguez. Faustino
Dguez. Coumes-Gay Domingo y
Alejandro Rguez. Sesmero J.
de la Fuente Dguez. Gabriel
Vitini M. Pereiro Caeiro
Nemesio Cobreros Juan Álvarez
de Mendoza
|
|
|
ISBN:
84-96070-82-4
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ata
hai ben pouco, tanto a crítica arquitectónica
como a historiografía artística
en xeral tiñan mostrado escaso aprecio
e interese pola arquitectura que se realizou
en Galicia a partir da segunda metade do século
XVIII e ata os comezos do século XX.
Por fortuna esta apreciación remitiu
nos últimos anos e hoxe comeza a valorarse
na súa xusta medida a contribución
que os arquitectos deste tempo deixaron ó
noso rico patrimonio monumental. Boa proba
diso son os distintos estudios que se recollen
precisamente neste volume e que pretenden
poñer en valor o labor creativo dalgúns
artífices do período que foron
capaces de realizar moitas obras excelentes
e algunhas, mesmo, dun interese incontestado
verdadeiramente excepcional. |
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Da
modernidade
ó século XXI
|
|
|
José
Javier Suances Rafael Baltar Tojo
Manuel Gallego Jorreto Carlos
Enrique Meijide Yago Bonet
César Portela Manuel Andrés
Reboredo Alberto Noguerol y Pilar
Díez Celestino García
Braña Alfredo Freixedo
Iago Seara Pedro de Llano, Alfonso
Penela Fdez.
|
|
|
ISBN:
84-96070-92-1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este
volume, dedicado ós arquitectos galegos nacidos
entre os anos trinta e cincuenta, permite unha visión
sobre o conxunto dos protagonistas da arquitectura
galega das tres últimas décadas do
século XX. Este grupo heteroxéneo
queda cohesionado polo compromiso con Galicia. Todos,
con diferentes formacións, actitudes intelectuais
e credos arquitectónicos, traballan nun mesmo
contexto cultural, social e económico, e
deron unha resposta arquitectónica a este
estado de cousas.
As obras dos trece arquitectos incluídos
revelan, ó se observar reunidas nas seguintes
páxinas, nexos comúns, exploracións
complementarias, posturas que se suman e, o máis
revelador, trazos coincidentes. O legado moderno
como referencia, na súa adopción ou
rexeitamento, a relación co lugar como primeiro
mandamento, o valor do material, a contundencia
volumétrica e un certo sentido de masa e
peso poden entenderse coma un conxunto de trazos
que conforman un aire de familia, aínda que
os seus membros sexan tan diferentes.. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|