|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Realismos
rexionalistas
|
|
|
Asorey
Xosé Eiroa Cristino
Mallo Antón Faílde
Camilo Nogueira Uxío
Souto Bonome Narciso Pérez
Compostela Acuña
Madariaga
Arturo Baltar
A.
Vilar Lamelas
|
|
|
ISBN:
84-96070-25-5
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este
volume agrupa unha serie de artistas que foron claves
no proceso renovador da escultura galega anterior
á Guerra Civil de 1936, proceso paralelo
ó renacer vangardista da xeración
de Os Novos en pintura -a nosa particular xeración
do 27, que se opón ó modernismo anterior-
cuns protagonistas que ofrecen unha visión
moderada desde posicións de linguaxe baseadas
nunha tradición que se rebela contra o tópico
costumista e admite a interferencia de determinadas
realidades dos ismos contemporáneos,
especialmente do Expresionismo ou das revisións
figurativas do Cubismo.
A xénese destes artistas haberá que
buscala nunhas constantes que marcan a especificidade
do seu traballo: na tradición, que se remonta
ós canteiros castrexos e a tódolos
traballadores da pedra, ós que tallaron a
imaxinería popular de tímpanos, cruceiros,
petos, capiteis, etc. O granito e a madeira serán
os seus materiais básicos. As referencias
formais ó Románico e ó Barroco
son producto dunha investigación, ligada
á propia orixe do que eles consideran identidade
artística. Descubri-las esencias antropolóxicas
do mundo rural, as raíces dunha cultura milenaria
lévanos ó primitivismo que se reflicte
no tratamento formal: o escultor é, ante
todo, un bo psicólogo e afonda como tal na
alma dese retrato intemporal que nos sitúa
en Galicia e no mundo, á vez. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Figuracións-
Abstraccións
|
|
|
Juan
Oliveira Eiravella Buciños
Camilo Otero Elena Colmeiro
Xosé Cid Acisclo Manzano
Manuel Coia Xoán Piñeiro
J. L. Penado Jesús
Valverde Otero Besteiro Ferreiro
Badía
|
|
|
ISBN:
84-96070-05-0
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os
escultores do presente volume son centrais no discorrer
da arte galega das tres últimas décadas
e, de xeito especial, ó longo dos anos sesenta
e setenta, posto que eles son os protagonistas da
transformación da estatuaria, de corte moi
tradicional, de monolítica talla directa,
en favor dunha concepción máis ampla,
for na poética das formas e das linguaxes
que sintonizan cos contextos internacionais do Vangardismo,
for doutros materiais, entre os cales adquiren certa
prestancia algúns históricos, como
o bronce ou o barro, e os máis experimentais,
como o ferro, o aceiro, o formigón e os industriais.
Acontece isto igualmente na consideración
da escultura como monumento público e na
opción das renovadas poéticas do espacio,
da natureza ou da desaparición da peaña,
xa a finais dos setenta.
Así, pois, os trece escultores que presentamos
non son só trece olladas da diverxencia ou
da pluralidade de linguaxes que existiron na Galicia
dos últimos corenta anos, son tamén
síntomas dun diálogo necesario, en
termos de linguaxe plástica, entre este Noroeste
e o mundo, é dicir, entre o territorio que
lles dá unha filiación cultural e
unha marca de tradición, e as experiencias
estéticas que definiron a arte internacional
no último medio século. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Realismos-Abstraccións
|
|
|
Soledad
Penalta Xuxo Vázquez Pardo
José Galán Suárez
Pedro Dobao Suso Fernández
Álvaro de la Vega José
Castiñeiras Iglesias Ramón
Conde Ángeles Valladares
Magín Picallo Durán
Xosé Manuel Castro Lomarti
María Carretero Francisco
Pazos Pazos José Antúnez
Pousa
|
|
|
ISBN:
84-96070-58-1
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Neste volume
dedicado á escultura realízase un
estudio pormenorizado da traxectoria e da obra
de quince escultores que desenvolveron a súa
actividade máis madura desde os anos oitenta
e sobre todo os noventa.
Quince
proxectos artísticos que se sitúan
entre a revisión da escultura, a renovación
da tradición, a ollada posta na natureza,
a revisión das relacións home e
espacio, a recuperación da figura humana,
a ruptura cos límites da escultura ou o
Eclecticismo. A análise formal debátese
entre a figuración máis realista
e a abstracción, entre as formas constructivas
e as biomórficas. Utilizan un gran repertorio
de materiais: nobres, principalmente o granito;
industriais, entre os que destaca o aceiro, e
mesmo materiais de refugallo, como parabrisas
de automóbiles accidentados.
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Expresionismos-
Abstraccións
|
|
|
Francisco
Leiro Paco Pestana Mon Vasco
Fernando Casás Manolo
Paz Ignacio Basallo Xavier
Toubes Xurxo Oro Claro Luis
Borrajo Enrique Velasco Manuel
Patinha Moncho Amigo
|
|
|
ISBN:
84-96070-87-5
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O
marco estético adecuado para posiciona-lo
traballo dos escultores aquí tratados é
o das vicisitudes dos últimos vintecinco
anos en Europa, horizonte crucial na transformación
da arte en Galicia, que é cando os seus protagonistas
rompen os límites tradicionais das linguaxes
e optan polos modos experimentais, modos que permiten
que poidamos confrontar, sen complexos, os seus
proxectos cos que poboan o circuíto internacional.
Os doce artistas aquí reunidos exemplifican
non só o máis interesante que deu
a escultura galega despois da Guerra Civil, senón
que, cos seus traballos, diversificados lingüisticamente,
lograron introduci-lo seu interese noutros ámbitos.
Salvo o caso de Mon Vasco, falecido, todos eles
áchanse no cénit da súa madureza
creativa e souberon responder ás novas formulacións
dunha escultura que vive a dilución dos xéneros
tradicionais, mesmo nun diálogo tan pertinente
como é o que confronta a dimensión
pública de aquela coa cidade ou coa natureza. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|