4
Libros con preto de 200 xogos e un CD con cancións.
En
cada un dos xogos veñen indicadas as súas características
(grao de actividade, se ha de ser dirixido por un adulto, se é
un xogo de interior ou de exterior...).
Ó final de cada xogo engadíronse outros de tipo tradicional.
Tamén conteñen refráns, adiviñanzas,
trucos de maxia, cancións, etc.
Vén
incluído un CD coas cancións que aparecen nos libros.
Cada unha das cancións vén en 3 versións diferentes:
a canción completa (con música e voz para que sexa
recoñecible); só a letra (para que a aprendan) e só
a música (para que os nenos a poidan cantar).
O
feito de que se trate dun volume dedicado ós
xogos de interior non quere dicir que os participantes
teñan que estar sempre sentados. Procurouse que
algúns destes corenta xogos proporcionen, tamén,
algún dinamismo controlado. A pesar de tódolos
adiantos actuais (vídeos, ordenadores, xogos
electrónicos...), os nenos seguen a ter necesidade
de afecto, agarimo e atención individualizada,
especialmente cando han de ficar na cama uns días
por calquera das indisposicións normais á
súa idade. Por isto seleccionáronse varios
xogos sinxelos nos que se practica unicamente coa palabra
e coa vista.
Corenta
xogos que se poden realizar no exterior, aínda
que hai algúns que se poden adaptar a un interior
amplo sen se modificaren demasiado. Están explicados
sinxelamente e de xeito gradual, para que de seguida se
poida comezar a xogar e logo se poidan engadir dificultades
subindo o nivel, especialmente para os que son un pouco
maiores e lles gusta superarse.
Nos
xogos seleccionados destacan tres obxectivos principais.
Primeiro: o propiamente educativo que incumbe a tódolos
xogos: saber gañar, saber perder, asumir un certo
risco, o espírito de equipo e a sociabilidade.
Segundo: a melloría e precisión da linguaxe,
a expresión oral ou escrita, a descrición,
a imaxinación. Terceiro: a comprobación
de que case tódolos xogos precisan un espacio,
unhas normas e unha preparación previos ó
xogo propiamente dito.
Os
sentidos corporais son precisos para tódolos xogos;
pero nos que se reúnen neste libro destácase
a función dalgún deles. Neste libro altérnanse
xogos de interior e de exterior, así como outros
moi axeitados para soportar mellor as longas esperas ou
as viaxes en coche. Pero, ademais dos sentidos corporais,
son necesarias outras actividades que se poden cualificar
de sentidos intelectuais, como son a atención,
a rapidez de reflexos, o coidado ou esmero ó facer
algo, o equilibrio e tantas outras calidades que se precisan
para a vida, igual que para o xogo.
Os catro libros que forman a colección non están dedicados
exclusivamente a monitores e educadores ou pais, senón que, coas
súas alegres ilustracións e coidada presentación,
permiten que sexan os mesmos nenos os que poidan utilizalos directamente.
Procurouse que o texto fose sinxelo e ameno, ademais de preciso. A aparente
simplicidade de moitos xogos non ten que enganar sobre os seus resultados,
especialmente se se ten en conta que divertir e entreter segue a se-lo
obxectivo principal cando se trata da formación do neno.
O
xogo é unha aprendizaxe da vida
e unha necesidade
para o desenvolvemento do individuo:
hai que aplicarse a xogar
e procurar que o xogo sexa
un pracer, un aliciente e un reto.