Nova
Galicia Edicións, S.L. nace en Vigo no ano 1984 co
obxectivo de dar a coñece-la cultura galega ó
resto do mundo. Para iso dedícase á publicación
de libros de arte en tódalas súas ramas, así
como a recuperar documentos históricos sobre Galicia
para a súa edición facsimilar.
No ano 1997 iniciou o proxecto Artistas
Galegos, que como proxecto privado está consolidado
nos dezasete volumes editados ata o de agora, estando nove
máis en fase de producción. Lévanse
tratados cento oitenta e oito artistas (pintores, escultores
e arquitectos) e reproducidas aproximadamente 8.000 obras
de arte, o que supón 4 millóns de cm2. Estamos
a falar pois dun Museo da Arte Galega en soporte papel.
Así mesmo, dende o ano 2000, Nova Galicia ven realizando
as edicións en galego e portugués da colección
Nova Galicia Arte, monografías dedicadas
ós máis importantes artistas da pintura universal
nas que xa están publicados Van Gogh, Monet, Rembrandt,
Cézanne, Leonardo, Piero della Francesca, Matisse,
Picasso, Kandinsky, Velázquez, Renoir e Gauguin.
Edítanse un mínimo de seis ó ano e
está previsto que sexan un total de trinta e dous
volumes.
O éxito comercial e principalmente cultural das dúas
devanditas obras non foi somentes un pulo para Nova Galicia
Edicións, que os afrontou sen financiamento público,
senón que supuxeron un incremento do Patrimonio Cultural
Galego dende o sector privado.
Ademais ten publicadas as seguintes coleccións:
A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra
Exilio 1942-1972, Índice A Nosa Terra,
A Fouce, Galeuzca,
O Tio Marcos da
Portela, Nós
e Os Cabalos da
Troula.
Nova Galicia Edicións está a facer unha proxección
internacional coa súa presencia nas principais feiras
do libro de todo o mundo, co resultado, nestes intres, de
negociacións de edicións de Artistas
Galegos noutras linguas como son o esloveno e o portugués
(agora en galego, castelán e inglés) e mesmo
ventas en dezanove países, entre outros: China, Eslovenia,
EE.UU., Costa Rica, Venezuela... A exportación no
ano 2000 supuxo un 43% da nosa facturación.
Sen deixar de mirar cara ó futuro, a fin de presentar
novos productos galegos con proxección universal
mantendo os mercados xa abertos, esta editorial está
a traballar ademais en varios proxectos, entre os que destaca:
Arte de Galicia
e Norte de Portugal, sendo a primeira obra que recompila
todo o valioso patrimonio cultural que une a estas dúas
terras.