ARTE E LIBERDADE

Quessada non é só un pintor: el só representa a historia da pintura, unha enciclopedia pictórica. Sendo sempre el mesmo, pois Quessada posúe unha das personalidades máis vigorosas e fascinantes que coñezo.

Darío Villanueva

Do seu compromiso coa liberdade, coa democracia, contra calquera inxustiza, hai centos de obras importantes en museos, institucións públicas e coleccións privadas. Da xenerosidade e disposición para colaborar cos que desde outros campos defenden as mesmas ideas, saíron obras mestras, espontáneas, fermosas, que desempeñarán un papel importante para divulga-la mensaxe que pretendía. Loitas que forman parte da nosa historia tiveron a colaboración de Xaime Quessada.

Manuel Peña Rey

- 2 tomos de 34,5 x 30 cm.
- 296 páxinas en cada tomo.
- papel estucado arte semimate.
- encadernación en tea con sobrecuberta..