agasallos empresa info Solicitar información

A firma Nova Galicia Edicións é, no mundo editorial, sinónimo de calidade, exquisitez e coidado dos detalles. A nosa longa experiencia na creación de libros conmemorativos concrétase agora nunha liña de agasallos de empresa diferentes: libros personalizados e obras a medida.

Obras personalizadas
De acordo coas súas necesidades podemos personalizar obras que están xa no noso catálogo con diversas opcións: inclusión dun logotipo ou un texto alusivo, encartes, ou un packaging especial que transmitan a súa imaxe corporativa e fagan presente a súa marca a quen as reciban.

Proxectos a medida
Os nosos departamentos editorial e creativo traballan tamén creando libros á medida das súas expectativas. Confíenos os seus proxectos e asesorarémoslle sobre o formato, a extensión ou o tipo de obra idóneas para transmitir a súa imaxe corporativa ou reflectir a misión da súa empresa. Así xurde unha obra exclusiva, orixinal e de prestixio que o diferenza e resposta aos seus obxectivos: un anuario, a memoria da empresa, un proxecto multimedia, unha lámina ou unha colección de contos.

Un aniversario, o lanzamento dun novo produto, a asistencia a un congreso, o fin de estudos dunha promoción ou a homenaxe a un conselleiro son ocasións propicias para diferenciarse cun agasallo único, que di moito de quen o recibe e, sen dúbida, do que o ofrece.

agasallos

gal
Categoría ArtistasCategoría Arte e CulturaCategoría EducativosCategoría ContosCategoría LiteraturaCategoría Otros
Avda. Ricardo Mella 143. Nave 3 - 36330 VIGO - ESPAÑA - Tel. +34 986 462111 - Fax. +34 986 462118 - e-mail: novagalicia@novagalicia.com
AVISO LEGAL  -   LOPD   -   LSSI